Cada detalle conta,
cada palabra importa.
O meu traballo é potenciar a túa voz a través das palabras,
adaptándome ás túas necesidades.
Internámonos no Bosque de Tinta?
Ola! Son María N. Soutelo
A miña paixón pola literatura tróuxome ata aquí. Tras especializarme en Patrimonio Documental e Bibliográfico na USC, continuei a miña xeira profundando nos ámbitos da xestión editorial, a corrección de textos e a maquetación.
Como escritora, teño publicado artigos en diversos medios e catro poemarios. Un deles, Código Poético, foi galardoado co XXV Premio Eusebio Lorenzo Baleirón de Poesía.
Dende 2016, coordino diferentes propostas, iniciativas e actividades arredor do libro e da literatura en bibliotecas públicas e centros de ensino: faladoiros, clubs de lectura, obradoiros de escrita creativa ou roteiros literarios.
E é que todo se resume nisto: a escrita e os libros.
Estarei encantada de coñecer o teu proxecto, de resolver as túas dúbidas e, por suposto, de axudarche a convertilo nunha realidade.
Sé benvid@ ao meu Bosque de Tinta.
Os meus servizos
Servizos literarios
Informe de lectura
Un informe de lectura é a análise profesional con que medir a solidez do teu manuscrito, o punto de partida para que o teu proxecto acade a súa mellor versión.
Xestión editorial
Esquece todos os trámites legais que precisas para publicar a túa obra: eu xestiónoos por ti.
Obradoiros de escrita
Escribir non ten porque ser una tarefa solitaria. Participa, intercambia ideas e dúbidas, explora novos territorios literarios e progresa en boa compaña. Vés canda nós?
Corrección ortotipográfica
Comas rebeldes, b ou v?, ortografías e gramáticas sublevadas… Podemos con todo!
Corrección de estilo
Párrafos díscolos, descricións eslabazadas, diálogos irreais, personaxes pouco cribles… ¡Fagamos que o teu texto brille!
Converte a túa obra nunha realidade!
Papel ou ebook? De peto, de luxo, de autor? Papel mate ou brillo? Tapa dura, paperback, wire-o…, cal é o teu tipo? Aconséllote e preparo o teu orixinal no formato que máis favorecedor lle resulte.
Queres saber máis sobre o mundo literario?
Falamos? Comparte as túas dúbidas ou consultas aquí: